
¿QUENES SOMOS?
Dende a "Asociación de NAIS E PAIS Amigos dO Menéndez Pelayo" queremos darvos a benvida o noso portal web.
En primeiro lugar, queremos facervos chegar a nosa firme intención de traballar por un fin común, que é o de favorecer e mellorar a educación d@s nos@s fill@s.
Entendemos que a educación é tarea de todos, familias e escola, por eso, esta asociación pretende cumplir unha importante función dentro desta comunidade, que é a de apoiar e colaborar co Centro e profesorado en todo aquelo que nos solicitedes e se atope dentro das nosas posibilidades.
O noso principal obxectivo debe ser conseguir unha educación de calidade, polo que é imprescindible que todos os que formamos a Comunidade Educativa (profesorado, equipo directivo, pais, alumnos y persoal non docente), camiñemos na mesma dirección.
Creemos que unha educación de calidade soamente é posible cando familia e Centro comparten os mesmos valores e principios educativos.
Gracias á colaboración desinteresada de moitos pais e nais, a ANPA leva tempo traballando polo benestar d@s nos@s fill@s, e por eso mesmo animámosvos a ser partícipes de esta experiencia e axudarnos a conseguir un colexio do que sentirnos orgullosos.
Esta Anpa, seguirá organizando actividades lúdicas e formativas, para o que cremos fundamental o voso apoio e colaboración. Expresamos de novo o noso desexo e intención de colaborar e participar en todo aquelo que solicitedes y creades oportuno.
A cantidade e calidade das actividades que o ANPA promove dependen da dedicación personal e das cuotas dos socios, por eso é tan importante a colaboración de todos en ambos sentidos.
A Xunta Directiva foi aprobada en Asamblea Xeral de Socios do 24 de Maio de 2021 e está constituida por:
Presidenta: Rebeca Morales Bértolo
Vicepresidente: Daniel López Pena
Secretaria: Fátima Docio Rodríguez
Tesoreira: Yanira Díaz Corujo
Vogal: Lucía Gómez Quintas
Vogal: Marta Gómez Castrillón
Vogal: Sandra Marcos Sanmartín
Representante da ANPA ante
o Consello Escolar: Marta Gómez Castrillón
Recibide un cordial saludo de parte de todos nos
¡¡AGARDÁMOSVOS!!

